Usa o mapa. Na lista que sae, soe ser moi céntrica. No mapa ves en azul as casas dispoñibles. E o corazón indica favorita.
Cambias as datas, se queres ir do 2 ao 9, pon menos, pois aparecen casas cun día menos, ou o 2 ou o 9.
E tamén, curiosamente, buscas cunhas datas, moves só algún día, e aparecen casas novas, … miras, e resulta q teñen as q pides ti.
E moitos máis casos, eu busco de moitas formas, mapa, número de puntos, datas, en verde, en azul, movo datas …
Agora ben, envío de 5 en 5 mensaxes. E vou controlando os q din q non. Para seguir escribindo.
Tamén tes, o % de resposta. Agora ben, eu se vexo q leva moito tempo sen entrar, xa non escribo, co cal o % pode ser moi alto, e non contestarche.
Se o % é baixo, … pois depende. Eu mando a 80% para arriba, e q contesten en poucas horas, ou fai 2 días, como moito 1 semana.
En canto 1 di q si, doulle as gracias, infinitas, e soe rexistrar pronto, ou dicirche algo q da pinta q si. …
Incluso tiven quen dixo q non, supoño q estaba negociando outro intercambio, ou o q sexa, e aos días me escribe dicindo q quedou dispoñible. Ao cal, collo esa casa, e se xa teño, a gardo como favorita.
Ahhhhh e dou as gracias moito, pois realmente deixar unha casa é algo q move a 2 familias, tamén emociona, e rompe os esquemas, etc.
Creo q quen deixa unha casa está facendo un esforzo inmenso, pois ten q limpar, facer sitio, … etc. ((Ao cal, sempre recollo, lavo sabas, toallas, etc)) e tamén me ofrezo a lavar o da familia anterior e preparar para a seguinte.